quinta-feira, 22 de dezembro de 2005

XA ESTÁ A DISPOSICIÓN A NOSA WEB

A dirección da Asociación Cultural A Chaínza esta de Noraboa!!!!
Xa está a disposición de tódolos membros da Asociación e os que non sexan tamén, a nosa Páxina Web.
O enlace para entrar na nosa páxina é o seguinte: www.achainza.on.to
Agardamos que teña moitas visitas e sexa un foro de opinión de toda A Terra Chá, pois iso indicará que o noso proxecto vaia adiante e ten resposta na sociedade.
Só hai que dicir que nestos intres, a páxina non está completada, polo que hai algún enlaces que están en construcción, pero logo han estar á disposición de todos vos.
Sen máis.......un saúdo dende a dirección.

quarta-feira, 21 de dezembro de 2005

XA TÉMO-LOS ESTATUTOS

Noraboa a tódolos membros da Asociación.
Por fin....................!!!!!!!!!!!!!!!
XA TÉMO-LOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN LEGALIZADOS.

Agora xa podemos dicir que somos unha Asociación.

Non sen moitos traballos e viaxes daqui para alá, pero conseguímolo ó fin.

Pois nada, a seguer a traballar.........!!!!!!

Agora só nos falta darnos de alta en Facenda para que nos den o CIF da Asocición e así xa poderemos empezar a traballar e empezar a xuntar cartos. Despois deste trámite só nos faltaría conseguir a exención do IVE e darnos de alta en tódalas Consellerías e así poder obtar a ter o maior número de subvención........., aínda que ésto xa sabemos todos que nn sei se será moi posible.

pois nada un saúdo dende a Dirección da Asociación.

SE QUERES BAIXALOS CRICA EIQUÍ.......ESTATUTOS EN PDF

A CHAÍNZA COA SELECCIÓN GALEGA


A Asociación Cultural A Chaínza está de NORABOA coa nova de que a Selección Galega de Fútbol vai xogar o vindeiroa día 29 de Decembro, en Compostela, un amigable coa Selección de Uruguai.

Dende a dirección da Asociación todo o noso apoio para que este partido saia adiante e se dispute cantas máis veces millor.

A nosa ilusión é que a Selección poda xogar algún día partidos Internacionais ó mesmo nível que a Española.

Os membros da Asociación tentarán estar alí, o día 29, para animar con tódolos seus folgos!!!!!!!!!

Animamos a tódolos que non teñan entrada a comprala, xa que están apunto de esgotarse!

POR FÍN PODEMOS DEIXAR DE DICIR:

SELECCIÓN GALEGA XÁ !!!

AGORA SÓ NOS QUEDA O CÁNTICO DE:

SELECCIÓN GALEGA PROFESIONAL XÁ !!!!

NORABOA A TÓDOLOS QUE SENTEN GALICIA/GALIZA TAN FÓRTEMENTE COMA NÓS