segunda-feira, 16 de janeiro de 2006

CONCLUSIÓNS Á PRIMEIRA REUNIÓN

O pasado día 14 de Xaneiro celebróuse a primeira reunión en serio da Asociación. Á dita reunión asistiron 9 persoas, que non está nada mal vendo como funciona o asociacionismo na Terra Chá.

As conclusións ás que se chegou foron as seguintes:

  1. A Organización dunha Festa na Praia da Riboira en Baltar, n'A Pastoriza. O día no que se vai celebrar a Festa será o día 15 de Xullo de 2006.
  2. A Festa chamarase "CHAIRA 3", como continuación dunha festa que xa houbera fai uns anos en Muimenta e que se chamara "FILLOA ROCK" na primeira edición e "CHAIRA DOUS" na segunda edición.
  3. A decisión que se tomou en canto ós grupos que van a vir e a orde en que van a tocar é a seguinte:
    1. Grupo de Gaitas ou Tradicional.
    1. Grupo de Reagge Ska Rock. Para quentar o ambiente.
    1. Grupo punteiro de Folc Rock.
    1. Grupo de Rock Punk, que poderían ser os Saldos Arias.
    1. Grupo de Punk Rock, que poderían ser The Nerds, de Madrid.
  4. Tamen se dedidiu a creación dunha camisolas para a Festa e que han levar como logo da festa a figura dun Xabarín.
  5. Como último tema saínte, decidíuse facer o sorteo dun Xabarín o día da festa.
Esto foi a grandes rasgos o que se decidiu o día da reunión. Agardamos que saia todo adiante.

Nos próximos días irase poñendo maís novas e xa o derradeiro debuxo da festa.

3 Comments:

At 10:15 da tarde, Anonymous Anónimo said...

BUENO........XA VEXO QUE POR FIN CONSEGUICHE REUNIR A ESA XENTIÑA....TI SI QUE ERES UN RAPAZ CON INICIATIVA!!!!!!!!!

QUE POR CERTO NOS PENSAMOS QUE TE QUEDARAS EN VIGO ESTE FIN DE SEMANA.......COMO NON CHAMACHE????NOS ESPERANDO POR TI PORQUE NOS GUSTARÍA APORTAR AS NOSAS IDEAS CON ISO DA ASOCIACIÓN PERO PASACHE DE NOS...............MAL MAL!!!

PROPOÑÍAMOS UN NOME PARA ISO DA FESTA PERO XA ESTA ELIXIDO NON??? QUE PENA............!!!A VER SE PARA A PRÓXIMA CHEGAMOS A TEMPO.

UN SAÚDO. LÓSTREGOS

 
At 10:51 da tarde, Anonymous Anónimo said...

hola amigos... son pedro (o dos debuxos... deseños... ideas... tolerías e...
máis!!!)
Agora estiven a ver a web que tendes montada... e quería puntualizar unha
cousiña, poida que unha tontería, pero bueno... para que quede claro.
O primeiro concerto que se fixo foi o FILLOA ROCK (na moexmu)
organizado polo BASANTA (Carlos), e algúns máis
o seguinte foi o CHAIRA ROCK (diante do bar dun fillodeputa) organizado
polo ISMA (e algúns mais)
despois fíxose un CHAIRA ROCK (2) en madrid; organizado polo flipao do
lider de THE NERDS
e agora imos polo CHAIRA 3 (pastoriza), coa organización de A CHAINZA
Deixamos así clara a situación e denominación de cada un deles, que
esperemos podan superarse nas seguintes edicións.

Arrastrando unha mesma denominación, ésta serie de festivais que
despuntou como alternativa punk-rock desgarradora e desafiante, xurdíu
un día cómo excusa para poder disfrutar de algo que non se ofertaba
antes por aqui... ademais de servir de punto de xuntaza para rapaces de
toda a terra chá ...e de toda Galiza, e máis alá.
Aproveitando agora, a acertada fundación desta asociación "A CHAINZA",
é indudable que se alimentará a tódolos asistentes a éste festival, cunha
desbordante explosión de diversión, amizade e compromiso. Usando a
primitiva idea do punk para aderezar unha mostra de folk-rock e ledicia,
enriquecendo as nosas conciencias... e esperemos que alimentando os
nosos ánimos.
Son moitas as esperanzas que están a ser depositadas neste evento... e
deseguro que as inquedanzas xurdirán nas testas de tódolos presentes...
incluso do xabarín!!


A título persoal...
A camiseta xa a teño ideada...
E tamén as pulseras (aproximadamente 0,31€ cada unha)...
Destacaría a importancia de asegurarse a presencia dun porcobravo
macho, de máis de 100Kg... Si fose preciso compralo, canto antes sexa
propiedade da asociación, mellor ...a última hora, non se dán feito as
cousas.
Podo aportar a creación do logo do festival, das camisetas (teño
presupostos aquí en Ourense), das pulseras, das rifas para o porko, e dos
tikets para bebida-comida.
Todo esto falarémolo na próxima xuntaza... alá polo 4 de Febreiro.

ata entón
saU2
kagondios

 
At 10:54 da tarde, Anonymous Anónimo said...

a asociación pídelle disculpas a moita xente por non chamalos para o día da reunión.

pero por exemplo no caso meu.eu cheguei á casa o sábado case á hora da reunión dende vigo. e casequ non sabía se ía vir ou non.

sintoo moito e pido disculpas

 

Enviar um comentário

<< Home