domingo, 22 de janeiro de 2006

SEGUE O PROCESO PARA A CONTRATACIÓN DO GRUPO FOLC

Os pasos para a contración do quinto grupo do festival xa se están dando.

Nestos intres, estanse mantendo contactos cos gupos A Quenlla, Os Cempés, A Gaita de Pedra, Noitébregos, Nordés........etc.

Agardamos anunciar nas próximas datas a confirmación do guinto grupo e así pechar xa o cartace do festival.

A dirección da Chaínza segue a pedir axuda a tódolos seus membros para dar opinións ou contactos en canto a contratación deste grupo.

Tamén dicir que se pode confirmar a asistencia dunhas cantareiras de Meira, que amenizarían o festival nos comezos do día 15 de Xullo.

Como derradeira nova dicir que o día para a próxima reunión será o 4 de Febreiro no local que hai na Praia de Baltar, que pode a chegar a ser o futuro local da Asociación.

Con esta nova, queremos que a xente que non puido ir á anterior reunión, esteña avisada con tempo e poida asistir deste xeito con todos nós a Xuntanza.

Un saúdo