terça-feira, 28 de fevereiro de 2006

INFORMACIÓN DOS GRUPOS DO FESTIVAL


Hoxe amosámovos un pizca do que poderedes ver no próximo Festival da Chaira Tres.

Eiquí tedes o enlace ós videos do grupo Kogito (Kógito como dín eles e os filósofos tamén,jejeje), que puxeron en google video, para que todo o mundo vexa o potencial que este grupo tén.

Se con ésto non vos animades a vir ó noso festival irémosvos poñendo máis cousas deste grupo e do resto dos grupos que han vir ó festival para así amosarvos todo o que se vai poder ver no Chaira Tres.

Tamén animamos a tódolos que queiran asistir á Sala Clavicémbalo ó concerto que este grupo vai a dar o vindeiro día 1 de Abril en Lugo da presentación da súa nova maketa, que logo han empezar a promocionar.

Tedes máis información deste grupo na súa páxina web.

Os enlaces dos videos das cancións son os seguintes:

Os videos non teñen moita calidade, pero iso non quita de amosarnos a súa calidade musical.

Tamén podedes baixar o video completo do emule cricando eiquí.

Un saúdo dende a Dirección da Chaínza

sexta-feira, 17 de fevereiro de 2006

SEGUE O PROCESO DE PUBLICIDADE


Seguen os pasos de cara a facer a maior publicidade do festival na maior cantidade de foros e lugares da rede.

Neste caso ofrecémosvos o enlace da páxina contrasurco, que tamén nos meteu na súa base de datos.

Agora estanse a dar os pasos para tentar facer publicidade do festival da chaira nos xornais, como A Voz De Galicia ou O Progreso de Lugo.

Dende a dirección da Chaínza animamos a tódolos seus membros a deixar pegadas do festival tanto en foros como en calquer lugar da rede, como poden ser páxinas de festivais ou de cultura.

Unha boa opción á hora de deixar pegada do festival nalgún lugar da rede é a de poñer sempre o link que direccione á nosa páxina para que deste xeito a xente poda entrar na nosa páxina e poder ter a maior cantidade de información do festival.

Recordamos que a dirección que estamos a usar nestos intres é www.achainza.on.to ou www.festivaldachaira.on.to

Estas direccións son provisionais pero han estar en funcionamento sempre, así que poderán ser usadas nun fúturo sen ningún problema.

terça-feira, 14 de fevereiro de 2006

COMEZA A PUBLICIDADE DO FESTIVAL



A Dirección da Asociación A Chaínza comeza a facer os trámites de publicidade cara o seu festival, tentando que éste apareza na maior cantidade de foros e lugares da rede, para que deste xeito sexa visto pola maior cantidade de xente posible.

Nesto intres, xa se nos deu de alta na páxina de o maketon de estrella galicia e nos próximos días irá aparecendo en distintos lugares, así coma na prensa e en tódolos xornais galegos, aínda que maioritariamente nos xornais lucenses.

O link onde aparece a nova do noso festival na base de datos de maketon estrella galicia é a seguinte: crica aquí

Como veredes, na foto, estamos xusto ó lado do festival de ortigueira, ou sexa, caseque nada......meus.

Agardamos nas próximas datas ir poñendo máis enlaces e sitios de interese onde apareza o noso festival.

un saúdo

segunda-feira, 13 de fevereiro de 2006

O GRUPO FOLC DO FESTIVAL SON OS NOITÉBREGOS

A Dirección da Asociación A Chaínza anuncia hoxe a contratación do grupo folc de Trives, en Ourense, Os Noitébregos.

Deste xeito, péchase o cartace do Festival da Chaira 2006, que se ha celebrar o día 15 de xullo en Baltar, A Pastoriza, Lugo.

Con esta nova contratación o cartace do festival estará formado polos seguintes grupos:

-Noitébregos.
-Os Tres Trebóns.
-Kogito.
-Saldos Arias.
-The Nerds.

Con esta nova nova pechamos así a contratación dos grupos do festival e pasamos a fase de organizar o merchandaising co que se ha de subvencionar o festival.

Dentro duns días poñerase á venda tanto as camisola, como o resto de artigos da asociación

Sen máis, un saúdo.

Aburiño.