sexta-feira, 24 de março de 2006

QUEN SON OS TRES TREBÓNS ???

Hoxe propoñémosvos ler o dossier de 3TREBÓNS E O VENDAVAL DO ROSAL, que é outro dos grupos que vai actuar no Festival da Chaira Tres.

3Trebóns é un grupo de intervención rápida composto por 3+1 músicos de campaña da escea musical galega.

Os 3+1 integrantes da banda levan moitos quilómetros de palco e canfurnada: Xurxo Souto co acordeón diatónico e a voz (Os Diplomáticos de Monte Alto) argallou a idea e xunto co batería e cantante Fran Amil (Papaqueixos, Ruxe-Ruxe, Diplomáticos) e o baixista e tamén berrón Antón Díaz (Papaqueixos, Alberto Bundi). Estes elementos cadraron na ruta co bombardinista Lourenzo Castro, “O Vendaval do Rosal” (Dandy Fever, A Matraca Perversa, etc etc etc), a forza atmosférica que completa o son do grupo.

Estes elementos alternan repichocas de 3+1 compases e 3+1 acordes coas histórias de 3+1 minutos que nos conta/canta Xurxo. Son contos que falan da aventura cotiá dos mariñeiros e labregas, de músicos, loitadoras e poetas que deixaron pegada da particular mitoloxia do grupo.

Expertos en versións e en facer temas por encargo, lembran-nos o 50º cabodano da execución do Foucellas polos franquistas, ou fan homenaxe ao comando galego-portugués que tomou heroicamente o trasatlántico “Santa Liberdade” nos anos 60. Cociñan-se todo en menos de 3+1 minutos.

As consignas da formación son 1º: que ben se vive sen guitarristas, 2º: as notas que podas meter en medio compás non as metas en dous, e a 3º e máis importante: o viño do Rosal é medicinal. Desta peculiar formación xurde este peculiar e nunca escoitado son de ranchos rabudos e de ranchera-punk sen refinar, en crú.

Entre as suas incursións máis sonadas temos a das festas da Dorna de Riveira, onde remataron con todo o licor café que quedaba no Barbanza, asaltaron o mesmo vrao o castelo de Vimianzo irmandiñamente non deixando pedra sobre pedra, recibiron o trunfo da selección galega sen pasar control antidoping, na festa da preistoria de Mos quedaron como da casa, tamén en Castro Caldelas, Bueu, Goián, Monfero... en fin os vellos roqueiros son como certas ervas...

terça-feira, 7 de março de 2006

MÁIS INFORMACÍON SOBRE GRUPOS DO FESTIVAL

Hoxe propoñémosvos máis información en canto ós grupos do Festival da Chaira. O grupo do que poderedes atopar moita máis información e algunha canción para escoitar, son Saldos Arias de Vigo, que veñen de presentar o seu novo disco "Nadie alrededor".

Na súa páxina dannos a opción de ver o seu video de presentación e máis as imaxes dun concerto que fixeron en Vigo.

Para todos aqueles que non o saiban. Este grupo xa actuou no verán pasado en Muimenta no Pub Duende, onde para todos aqueles que estivemos alí, deleitáronnos co seu directo rompedor.

Agardemos que así tamén o fagan no próximo Festival da Chaira Tres.

Eiquí poñémosvos os enlaces para que vexade os videos así como o acceso a unha das cancións do seu disco.

Video en directo na Sala Bikers de Vigo
Video presentación de "nadie alrededor"
Tema propomocional do disco "nadie alrededor"

quarta-feira, 1 de março de 2006

PUBLICIDADE EN INDYROCK

Unha das páxinas máis importantes de ámbito español da música independente, o coñecido portal Indyrock, accedeu a aceptar o noso festival e incluilo na súa base de datos de información de concertos.

O enlace para ver todos estos festivais que vai haber tanto a ámbito galego como español é o seguinte. crica eiquí

Con esta nova inclusión do noso festival nas bases de datos de páxinas e portais web moi coñecidas, tanto da música como da cultura, xa son tres, ata o de agora, as páxinas que xa nos teñen na súa base de datos.

Indyrock
Contrasurco
Maketon Estrella Galicia

Agardemos nos próximos días ir poñendo máis enlaces de interese de información tanto de cultura como de música.

Esto ruxe meus !!!!