domingo, 14 de maio de 2006

A.C. A CHAÍNZA POLA CELEBRACIÓN DO 17 DE MAIO

A Asociación Cultural A Chaínza únese á Iniciativa levada polas Ciberirmandades da Fala pró día das Letras Galegas o vindeiro 17 de Maio.

O lema que di "UN LIBRO, UN TOXO EN FLOR" parécenos unha boa alternativa pra Reinvindicar e Promocionar a Cultura e a Literatura Galega e ó mesmo tempo darlle un Pulo á Nosa Língua, que nistos días que corren non ten a Saúde que todos desexabamos que tivera.

Por iso, pensamos, que agasallando un Libro e máis un Toxo "en flor" se potenciarán todos istes aspectos, aínda que como todos sabemos isto tense que dar tódolos días e non tan só en días concretos como íste.

Como derradeiro apuntamento dicir cas Rifas pro Sorteo do Xabarín xa están a piques de saír da Imprenta, polo que prá próxima semán xa serán repartidas entre tódolos membros da Asociación.

1 Comments:

At 9:09 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Your website has a useful information for beginners like me.
»

 

Enviar um comentário

<< Home