terça-feira, 20 de junho de 2006

XA FALTA MENOS DUN MES PRÓ DÍA DO FESTIVAL


Xa falta menos dun mes pró día do Festival e os preparativos xa están todos arranxados.

Dende a A.C. A Chaínza anímase a tódolos que queiran poñer os seus STANS prá Venda de Artigos Artesanais, que avisen por correo electrónico pra tratar as bases de admisión.

Ó final optóuse por escoller ESTRELLA GALIZA como cervexa pró Festival. Agardemos que con ista elección todos estexan dacordo, xa que somos nós os que lle imos dar unha Boa Homenaxe a ista Cervexa que está de Centenario.

O Centerario de Estrella Galicia émolo celebrar nós cunha boa embriaguez diste líquido tan sagrado na nosa Terra.

Por outra banda, dicir co día da Asemble Xeral da Asociación será publicado nos vindeiros días. A xente que queira participar nista Asemblea ten que ser soci@ antes do día da Publicación do día, pra poder entrar a formar parte da Asemblea e pra poder ter opción a Voto.

Sen máis, un Saúdo da Dirección d'A Chaínza.