segunda-feira, 9 de julho de 2007

O GRUPO SKONTRA SUBSTITÚE Ó GRUPO LA TARRANCHA


O GRUPO ASTURIÁN DE FOLC-ROCK, "SKONTRA", SUBSTITUIRÁ Ó GRUPO TAMÉN ASTURIÁN "LA TARRANCHA", QUE POR PROBLEMAS INTERNOS NON PODERÁN ACUDIR Ó FESTIVAL.

AGARDAMOS QUE A INCLUSIÓN DESTE NOVO GRUPO SATISFAGA DE CHEO AS EXPECTATIVAS QUE TODOS TIÑADES POSTAS EN "LA TARRANCHA".

DENDE A CHAÍNZA ANIMAMOS Ó GRUPO "LA TARRANCHA" A CONTINUAR CO LINDO PROXECTO QUE XA TIÑAN COMEZADO.

UN SAÚDO MEUS ! ! !


10 Comments:

At 1:40 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Boas!
Non sabía nada deste festival, pero vin onte un cartel e a verdade é que pinta ben... Só teño unha preguntiña... hai acampada?

Graciñas, xente ;)

 
At 2:05 da tarde, Anonymous Anónimo said...

boas! son un rapaz de a pastoriza e si que hai onde acampar nunha carballeira a ostia de chula

anímate a vir

 
At 10:18 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Pois seguramente nos vexamos por alí. Gracias por contestar :)

 
At 1:16 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Un saudo para toda a peña do pub VOLVERAS!Paseino moi ben con todos vos e para o ano senn e antes penso repetir!
Vemonos por Muimenta!

 
At 10:42 da tarde, Anonymous Anónimo said...

ola xente!!!kero darlles un saúdo moi especial a peña do pub volverássobretodo a "Alicia" e o "País das maravillas" jeje k nolo fixeron pasar moi bn. mágoa k me tivese k ir tan cedo.bkiños

 
At 11:36 da tarde, Anonymous Anónimo said...

A ver se tedes un revisor lingüístico da páxina. Que é iso de "ca" por "coa" e "prós" por "para os", etc. Xa non digo nada do invento de "Asturies" no cartaz. Desde cando se di así en Galiza ou en Asturias?

 
At 10:39 da manhã, Anonymous Anónimo said...

En canto o de Asturies non teño nada máis que dicir:

http://www.asturies.com/

En canto ó de "ca" é o xeito de falar na Terra Chá.

En canto ó de "prós" é o xeito de dicir na Terra Chá "para ós" e non "para os"

Nós inventar...inventámosche moito...àté temos un corrector lingúístico que te "PUEDES METER POR EL CULO .... CHAVAL"

AH ! O DE "CARTAZ" QUEDÓUCHE CHULO É..........

 
At 10:07 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Se cada un facemos o que nos peta coa lingua, pois podemos poñer os dialectalismos que poidamos e esmagar a lingua para que non avance. Xa sei que se di así na Terra Chá? E que?
Podes voltar á escola, porque se poñemos “para” é polo estándar, todos dicimos “pra”, igual que en Portugal. Aos insultos EN ESPAÑOL non vou respostar, porque xa definen a túa catadura moral.
Por moito que poñas un portal do bable, “Asturies” en Galiza (Na Terra Chá GALICIA –porque Galiza non se di, non?-) NUNCA SE DIXO e en Asturias tampouco.

A Asociación Cultural A Chaínza vén de Rematar o "Cartace". Dise así na Terra Chá?

Existe "bisbarra" na Terra Chá?

diversos estilos "musicais"? Dise MUSICAIS na Terra Chá?

"estexan" sobradamente cubertas,

estexan? Na Terra Chá? estean, non?

ETC., ETC.

Si, que tedes un corrector do carallo.
Patéticos.

Recoméndovos:

http://www.mancomun.org/raquo-descargas/ferramentas-ling-isticas/lugares.txt.html

 
At 7:43 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Que mas da como se diga!O importante e que todos o entendemos!O importante e pasalo ben!

 
At 2:08 da tarde, Anonymous Anónimo said...

EN CANTO Á PALABRA "CARTACE" SI QUE SE DI NALGUNHAS ZONAS, AINDA QUE MÁIS BEN SE DI "CARTAZO" OU CARTAZA".

NA TERRA CHA DISE "EXTEXA" E TAMÉN SE DI "ESTEÑA" DEPENDENDO DA ZONA, DENDE LOGO NON HAI NIN DIOS QUE DIGA "ESTEA".

O DOS CORRECTORES LINGÜÍSTICOS NON TEN MOITO QUE OBXECTAR, DENTRO DE DOUS ANOS TEREDES QUE RENOVALO, XA QUE A NORMATIVA "ALINGÜÍSTICA" PORQUE DE LIGÜÍSTICA TEN POUCO, VOLTARÁ A CAMBIAR CANDO A CATRO TIPOS SE LLE VEÑA EN GAÑA.

EN CANTO Ó DE GALIZA, SI QUE ME PARECE ESTÚPIDO QUE TI CREAS QUE SE DI "GALIZA" EN GALICIA....JEJEJE, (QUE BEN ME QUEDOU), POIS QUE EU SAIBA MEUS AVÓS XAMÁIS O DIXERON. PERO BUENO, QUE CONSTE QUE EU NON ESTOU EN CONTRA NIN DE GALIZA NIN DE GALICIA. EU SEMPRE ESCRIBO GALICIA PORQUE PENSO QUE É GALICIA. E SÍNTOO MOITO...

SUPOÑO QUE NO TEU CORRECTOR LINGÜÍSTICO APARECERÁN AS DÚAS ENTRADAS ???

 

Enviar um comentário

<< Home