sexta-feira, 10 de junho de 2016

XI FESTIVAL DA CHAIRA 2016

A XI edición do FESTIVAL DA CHAIRA é unha realidade e o xabarín volverá acampar na praia da Riboira en Baltar (A Pastoriza) o vindeiro 2 de XULLO DE 2016 (xa podedes reservar ese día para disfrutalo con nós).
Despois de meditalo, facer números e ver se todo cadraba, finalmente decidimos facer unha nova edición. O impulso final chegou gracias a que os de sempre continuamos co proxecto e que xente nova nos vai axudar este ano (esperemos que isto non pare e para o ano sexan máis).
Proximamente anunciaremos máis novas sobre o que esta edición vai ofrecer.

Como xa se estaba celebrando nas últimas edicións, teremos sesión vermú para ir quentando o corpo a cargo de "Toñyto García".
Pola tarde, teremos outra nova edición do aberto do xabarín de Billarda, para baixar o licor café da comida.
Contra a noite, como prato forte do festival, contaremos cos seguintes grupazos:
- Los jinetes del trópico
- Tardepiache
- Liviao de Marrao
- Superoito
... e como o corpo seguro que quere máis, teremos un dj para seguir coa festa.

Para recuperar a música tradicional que non tivemos no último ano, os compañeiros da Asociación Cultural Gaia traerannos a cordura e os ritmos galegos soarán de novo na Riboira.

VÉMONOS !!!



0 Comments:

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home